Galicia, un mar con historia / Isidro Dubert (ed.)
por Dubert, Isidro [editor/a]; Dubert García, Isidro (1961- ) [editor/a literario].
Tipo: LibroSeries: ( Crónica. Historia ; 178 ).Editor: Vigo : Xerais , 2024 Descrición: 429 p. : fot. br. e n., gráf., mapas ; 22 cm.ISBN: 9788411105293.Materia(s): Pesca - -- Historia -- Sociedades costeiras | Pesca - -- Historia -- Sociedades costeras | Industrialización - -- Galicia | Galicia -- Historia | Galicia -- HistoriaTipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CIFP Manuel Antonio Sala préstamo | 94(460.11) DUB gal | Dispoñible | PER004000018283 |
|
Galicia non só é un país rural / Isidro Dubert García. Á beira dun mar que une: O mar na Galicia da Protohistoria e da Antigüidade / Francisco Xavier González García. Sen o mar e sen o barco: A perda do mar na Galicia medieval / Anselmo López Carreira. O mar duns poucos: tensión e conflitos sociais na Galicia litoral durante o Antigo Réxime /
Isidro Dubert García. Lastre, oportunidades e control estatal no litoral: a matrícula de mar e a pesca en Galicia a finais do Antigo Réxime / José Manuel Vázquez Lijó. Conflito laboral e violencia política en Ferrol a finais do Antigo Réxime /
José María Cardesín Díaz. Escravos, negreiros e o nacemento da banca na Galicia marítima / Luis Alonso Álvarez.
Para mariñeiros, nós!: O mar dos galegos na Galicia contemporánea / Jesús Giráldez Rivero. "Sardiñocracia": Os empresarios da primeira industrialización en Galicia / Xán Carmona Badía. Cando o capitalismo chega ao mar: Loita de clases na Galiza marítima / Dionisio Pereira. O traballo das mulleres na Galicia litoral contemporánea / Luisa Muñoz Abeledo. Industrialización e desindustrialización da Galicia marítima / Pedro Varela Vázquez. Da pesca, industria, comercio e servizos: O sistema portuario na Galicia contemporánea / Ángeles Piñeiro Antelo.
Galicia ten un mar con historia e unha historia con mar. O mar situou o país na cerna da historia europea e do mar chegaron mudanzas que mesmo afectaron á vida cotiá das xentes do interior. Neste libro abórdase a importancia de Galicia nas rutas marítimas que trouxeron a fenicios, gregos e romanos até ás súas costas. Igualmente, a participación do vello reino na reactivación dos grandes intercambios económicos e culturais ocorridos en Europa e o desenvolvemento que experimentou a pesca e o comercio marítimo a partir do século XIII. Ademais, aténdese aquí á loita pola "posesión do mar" e aos conflitos sociais durante o Antigo Réxime, á posta en funcionamento da Matrícula do Mar en 1748, á conformación no país dunha nova elite social a finais do século XVIII e a súa participación no tráfico de escravos no XIX, e aos motíns e as revoltas populares acaecidas nas cidades litorais. E iso sen esquecer o que para Galicia supuxo a chegada do capitalismo ao mar, a forza do anarquismo nos portos entre 1900 e 1936, a importancia das mulleres nas industrias pesqueira e conserveira, a creación dunha industria naval punteira a partir de 1960, a reconversión industrial de 1983-1996, as modificacións que experimentou a estrutura portuaria galega durante o século XX...